Congreso Internacional

O Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela e o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Xunta de Galicia), no marco do proxecto de investigación “Tematoloxía e métodos. As guerras na narrativa xuvenil no Marco Ibérico” (proxecto cofinanciado por MINECO_FEDER), convocan este Congreso, de carácter multidisciplinar, para que estudosos e especialistas interesados no tema poidan compartir as súas investigacións.